jueves, 12 de junio de 2008

Máis sobre a "Lavanqueira"



Despois de uns días sen actualizar esto, por motivos da organización do IV Trofeo Fasquía, aqui tedes como están os traballos a día de hoxe. Como podedes ver xa temos case tódalas cuadernas no sitio, a escepción das dúas de popa e as tres de proa, pois éstas é mellor facelas no sitio para que non varie o ángulo do bance.



Podedes ver a plantilla para facer as cuadernas de proa e o ángulo chamado "cortamón". Para ésto clávanse uns barrotes para facer a forma do bance e ponse a plantilla como vedes. Despois tómanse os ángulos.