miércoles, 23 de julio de 2008

A "Lavanqueira" xa ten a cuberta lista




Despois de vir de Brest fumos a visitar o asteleiro e os traballos están como podedes ver. Xa ten a cuberta lista e agora toca poñerlle os barraganetes para rematar a obra morta.

Máis sobre Brest

Treixadura en plena actuación.
A marea azul comendo nos barcos o día de Galicia.
A "Sobrada" navegando entre dous barcos.
Embarcacións Galegas o día do desfile.
Aqui temos unha imaxe sentadiños, ceando na cea de benvida que nos fixeron ao chegar o Xoves.

Unha vista do noso Vilage cediño pola mañá vista dende a costa baixando ó porto.

Aquí os de Treixadura acompañándono as tripulacións tocando o pantalán.

Os Croatas bogando.

viernes, 18 de julio de 2008

Brest 2008

Onte chegamos de Brest e a verdade é que bastante cansos. Foi unha bonita esperiencia sobre todo a convivencia e integración de toda a delegación que fomos. Aqui tendes unha primeira selección de fotos, pero tranquilos que hai moito material e hai que seleccionar.
Festa no Hidria cos de Treixadura.
Botadura de unha dorna o día de Galicia, coa conselleira de cultura e o alcalde de Brest.
Tabla de mar que como é tradición os países convidados regálanlle a organización.
A nosa dorna a "Sobrada" en primeiro plano coa flota de fondo
Os de Vietnam navegando balanceándose neste barco tipico do seu pais.
Un barco dos xaponeses que estaban cerca de nós.

martes, 8 de julio de 2008

Empezamos a facer a cuberta



A día de hoxe xa vedes como están os traballos, comenzaron a poñer as "trancaniles".

Aquí vemos o rebaixe das que como vedes van "machihembradas", con un barrote polo medio. Despois levará un cordón de sellado por enrriba, entre táboa e táboa.

jueves, 3 de julio de 2008

Xa temos a estructura da cuberta


Como podedes comprobar os traballos de construción da nosa dorna seguen adiante. A día de hoxe xa temos case toda a estructura da cuberta e a estampa de popa xa lista. Pódese ver o espacio da bañeira de popa, a brazola do rancho de proa, só falta poñer a fogonadura para o pau e lista para empezar a botarlle a cuberta.

Neste plano vemos o mestre "Manolo" comprobando nas cadernas se asentan ben e rebaixádolle onde precise para que o asento dos bordos sea perfecto.