martes, 17 de junio de 2008

EXPOSICIÓN "GALIZA EN BREST"


Aqui vemos preparando os cabos para facer a defensa co noso amigo Lino do Grobe agarrándome os cabos.

O Pasado Domingo tivo lugar en pontevedra a exposición itinerante "Galiza en Brest" para promocionar a asistencia a Brest de Galiza como país de honrra.



A nosa asociación estivo presente con unha dorna. Tamén estivemos realizando traballos ao redor da dorna como foron os de dar unhas trincas a proa para protexela cando a amarras, unhas trincas o banco do pau para reforzalo e protexelo de que non rompa, unhas trincas a caña para protexela de que non escache e por último fixemos unha defensa de cabo.



Nesta imaxe vemos a dorna que levamos e a defensa a medio facer.