domingo, 31 de agosto de 2008

Rematamos a construcción

Xa rematamos a contrucción da nosa dorna, agora tocalle ós detalles e pintala.
Vemos tamén o pau xa listo coa fogonadura.

Vemos a Juán Servando estopeando os topes dos bordos.
Aqui temos a Jorge cepillando as táboas por fóra para que quede o máis lisa posible.
Neste plano vemos un costado xa con unha man do color que vai levar.


sábado, 16 de agosto de 2008

Empezando o banceado

Despois de rematar a cuberta agora tócalle o turno a última fase, o banceado.


Aqui temos a Jorge asentando un bordo.
Manolo tallándolle un peixe na proa
Vemos que o acabado final no ten desprecio.

Nesta imaxe podemos ver a Juan Servando repasando o alefriz para que encaixe perfectamente a táboa da quilla.



Aquí vemos fasquiando un bordo, como vedes clávase unha taboa fina chamada "fasquía" e tomanse as medidas e os "cortamóns" (ángulos en cada parte da táboa) da próxima táboa.



Vemos o pau secando dentro do asteleiro coa dorna ao fondo.

jueves, 7 de agosto de 2008

Rematamos de todo a cuberta



Poden vera cuberta encintada, preparada para darlle o sellante.




Aqui vemos a fogonadura, coas tallas que fixo Manolo.







Hoxe, despois de cinco meses no mar, subimos o pau para o taller para que remate de secar.







Vemos aqui a Jorge, preparando para poñerlle a tapa regala.

sábado, 2 de agosto de 2008

XX Regata do Bao

Hoxe Sábado tivo lugar a XX edición da regata do Bao. A tarde estivo estupenda para navegar con un vento alegre do Oeste. A idea de variar o percorrido foi xenial, pois sacámonos da monotonía dos triángulos, porque así tivemos 3 bolinas estupendas para ter tempo para todo. A ver si nas vindeiras regatas nos aplicamos o conto e copiamos co exemplo.

Os gañadores foron Dorado e Chica coa "Pereca", segundos a" Cariñosa" con Víctor e Checo e terceiros fomos nós a "Xarandeira" que mantivemos un gran "desafío" coa "Cariñosa", que o final nun último cambio nos gañaron a partida. Cuartos foron os da "Fuxe" coa familia Parada do Grobe e quintos a "Nécora".

Aquí vos deixo unhas instantáneas da tarde tan agradable.



A "Pereca" con Dorado e Chica gañadores desta edición, xa os botábamos de menos.



A "Bicoca" cos nosos amigos Telmo e Pelouro de Portonovo, con un pequeno percance. Xa vedes por momentos o vento era bastante Xeitoso.