domingo, 19 de octubre de 2008

CEA DE FINAL DE TEMPADA

Onte Sábado, como tódolos anos celebrouse a cea de final da tempada organizada por A.C.D. Dorna e a F.G.C.M.F. Nesta cea púxose un video de Brest 2008, que foi a actividade que marcou esta tempada. A cea asistiron navegantes, xentes de mar, xentes de terra, carpinteiros, camioneiros que nos levan os barcos cando nos desprazamos, e tamén asistiron compoñentes do grupo Treixadura e Leilía que asistiron a Brest con nós.
Nesta cea tamén se entregaron os trofeos do "IV Trofeo Galicia de Dornas a Vela", e os tres primeiros foron en terceiro posto a Xarandeira de un servidor, o segundo foi a Nécora de Braulio e Harri e gañador desta edición foi a Cariñosa de Checo e Víctor.





Despoi da cea tivemos música e baile da nosa terra como non podia ser menos, tendo en conta a xente alí presente.

domingo, 5 de octubre de 2008

Xuntanza blogueira

Foto sacada de GALICIA O NOSO LECER
Onte Sábado celebrouse en San Vicente unha xuntanza blogueira de blogs de temática mariñeira. A min olvidouseme a cámara na casa pero gracias a o blog GALICIA O NOSO LECER da que collin prestada esta instantánea da chegada de Morling. A verdade é que eu estiven asombrado da sabiduría que ten este home, e de como se emociona o falar das embarcacións tradicionais galegas. Eu podería estar horas escoitándoo sen cansarme. Logo de facer un percorrido polas embarcacións expostas, da que Morlins se extendía e nos contaba cando él chegou a Galicia en Outubro do 1963 e nos explicaba apaixoado cada detalle que os informantes contábanlle naquel tempo de cada unha das embarcacións, fomos xantar a eso das 4 da tarde.
Despois tivemos unha mesa redonda na que cada un preguntaba a Morling o que pensaba de temas de cultura mariñeira.
A verdade é que foi un día moi agradable na compaña de outros bloguers que esperemos que se repita pronto.
Un saúdo a todos os que estivéstedes alí.