Despois de rematar a ponte do barco xa se puxeron máns a obra. Agora toca poñer os baos para distribuír a cuberta.
Vemos a Juán Servando marcando no "durmiente" para fara fecer a entalla onde encastre un dos baos de popa.
Aquí vemos os dous baos dónde vai o tambuche de proa.
Nesta outra instantánea vemos os dous baos da cadeira xa postos, e o da popa da tilla no sitio para marcar. Vemos tamén a liña posta de proa a popa para que todo estea centrado.
Vemos tamén a peza para a fogonadura do pau, que debe coller varias cuadernas.