miércoles, 26 de agosto de 2009

II Regata de Clásicos de San Vicente


O Domingo día 23 de Agosto celebrouse en San Vicente a II Regata de Clásicos, e aínda coa resaca e tensión da Regata do Ba, partimos o Domingo as 9 : 00 da mañá eu e máis Odilo na Lavanqueira. Como non había vento tivemos que ir a motor.





A regata participaron en total 19 Barcos, dos cales nós eramos dos máis pequenos. O vento foi bastante intenso, non para os barcos grandes que eles seguro que agradeceron este vento, senón para nós que con solo 2 tripulantes tivemos que roubarlle tripulación o Novo Sofía, o sea que veu Xaquin con nós.




O Zorba e o Mizar en plena disputa.
Aquí temos a dorna Sara que estaba de estreno, quedou realmente moi fermosa.



O Novo Sofía primeiro na categoría de construídos antes do 1950



domingo, 5 de julio de 2009

SINGLADURA AROUSA - MUROS



Onte Sábado partimos da praia da Canteira na Illa de Arousa dirección a Muros para asistir os IX Encontros de Embarcaciós tradicionais de Galicia. Por diante quedaban arredor de 28 Millas náuticas e as previsións de vento pola mañá non eran moi boas pero había que sair con tempo polo que poidera pasar.

Era as 7: 30 cando desmarramos do morto e botamos a vela arriba pero como vedes na imaxe o mar estaba como un plato asi que decidimos meter o motor foraborda.




Xusto saía o sol por riba de Lobeira e nos seguimos a motor ,¡ parece que quere vir un ventiño! decíamos, pero era rizados que despois quedaban en nada.


Xa levamos cerca de unha hora a motor e encontrámonos no medio da Ría con Rúa de fondo. Para pasar o tempo collemos a carta e ímonos situando tomando demoras a varios faros e así saber a posición e velocidade. Resultado que navegamos arredor de 5 nudos.




Pasamos o carreiro de Sagres e seguimos sen vento, pero vemos que fai bastante mar de fondo. Non vemos nin a Meca nin as dornas de Riveira que saían o mesmo día.


Pasando xa Sagres vemos ao fondo unha dorna que tamén ven a motor. Mirámos cos prismáticos e comprobamos que e unha dorna de Lajareu, a Ardentía. Preguntámoslle polos demais e dinos que veñen detrás deles.

Son arredor das 11: 00 da maná e xa pasamos o Faro de Corrubedo. Seguimos sen vento. A fame xa enpeza a apretar e comemos algo acompañado de un grolo de viño.



A altura das Basoñas parece que por fin entra algo de vento. Levantamos o motor e dámoslle máis para fora pois vese máis vento.



Vemos xa Monte Louro na proa e vamos no mesmo rumbo para facer unha transluchada despois.

Son cerca das 12:30 e vamos con ventiño agradable do W que vai rolando a NW.

Chegamos a Muros sobre as 1:45 e decidimos ir para o muelle e comer algo quente en terra.



Xa atracados ao muelle vemos a unha parella de noivos e Manolo di: ! ainda nos van decir se poden quitar unah foto! E así foi a Lavanqueira recen estreada facendo de estudio fotográfico.


Xa despois de comer levamos a dorna para o plantalán a uha praza provisional, ata que os mariñeiros saquen as súas embarcacións para deixar libre para os encontos.

sábado, 6 de junio de 2009

A "Cariñosa" venceu no V Trofeo Fasquía










A "Cariñosa" de Checo e Victor proclamouse campeona do "V Trofeo Fasquía",por segundo ano consecutivo, celebrado hoxe na Illa de Arousa.
A regata transcurriu con vento do W que dou moito espectáculo. Con saída en un través, para contunuar con un largo hacia o Faro do Xeixo, e logo unha boa bolina dirección a Boia de delimitación dos polígonos de bateas para continuar ao Peirao do Xufre con outro largo.
Despois de unha maña de tormentas a tarde quedouse ideal para regatear, sen sol e con bó vento que fixo disfrutar as 34 dornas que participaron.
O resto do podio completarono a "Nécora" de Braulio e Harri e terceiro posto foi para a "Jalerna" de Ricardo e Carterola.
Actualización:
A Clasificación da regata foi a seguinte:

Posto Nome dorna
1º Cariñosa
2º Nécora
3º Jalerna
4º Bazarra
5º Mimela
6º Fuxe
7º Caracola
8º Lusiña
9º Xarandeira
10º Forza R
11º Zenaida
12º Sandra
13º Tixosa
14º Ardentía
15º Favorita
16º Maristela
17º Rosalía
18º Bandalla
19º Volandeira
20º Siña Maria
21º Fanequeira
22º Semparada
23º Estela
24º Mª Dolores
25º Bicoca
26º Bety Boop
27º Segunda Dorita
28º Lura
//// Montañesa
//// PoÇa do Sal
//// Laberca
//// Jloria
//// Doa
//// Sobrada


jueves, 28 de mayo de 2009

PRESENTACIÓN DO V TROFEO FASQUÍA



















Hoxe tivo lugar no salón de plenos do concello de A Illa de Arousa a presentación do V Trofeo Fasquía. Ao acto estiveron presentes o Alcalde de A Illa D. Xosé Manuel Vázquez, Uxío A llo como representante da F.G.C.M.F. eu como representante de Fasquía e tódolos medios de comunicación locais. Ao comenzo puxemos un Spot que estamos emitindo en Telesalnés con unhas bonitas imaxes, despois presentamos o percorrido que será un triángulo de unhas 4 millas que irá dende o peirao do Xufre ata o Faro do Xeixo para despois enfilar a boia de delimitación das bateas e regresar ó peirao do Xufre, tendo que dar 2 voltas ó triángulo.




Logo desto fixemos un breve resume das actividades que levamos a cabo, así como tamén nos actos que temos previsto participar.




Ao remate tomamos un viño Galego e un pincho.




Xa sabedes que tedes unha cita o día 6 de Xuño no peirao do Xufre da Illa de Arousa as 16:00 H.




Esperámosvos a todos

sábado, 9 de mayo de 2009

Máis sobre a botadura

Aqui vos deixo os videos da botadura, e a cobertura de prensa.

http://www.diariodearousa.com/

http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2009/05/10/0003_7707267.htm?idioma=galego

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009051000_17_325313__Portada-de-Arousa-Fasquia-recupera-Lavanqueira-tipo-embarcacion-casi-desaparecida

Por certo se queredes visitar a nosa paxina web o enderezo e:

http://www.fasquia.org/

Botadura da "Lavanqueira"














Despois de catro anos Fasquía fixo hoxe realidade o seu proxecto: " A Lavanqueira por fin navega na Ría de Arousa". Unha auténtica xoia, e non é porque o digamos nós, é que a realidade é esa, non hai máis que ver as fotografías, unha obra de arte dos nosos carpinteiros de Ribeira da Arousa, rematada polo noso presidente Santy que se esmerou pintandoa.


A botadura foi unha gran festa, como antigamente, comida, bebida e boa música, e un gran número de amigos/as que nos acompañaron nesta celebración. É que a verdade, a "Lavanqueira" estivo moi ben agarimada por tódolos aistentes.



Así dende Fasquía queremos dar as gracias a tódolos que participaron de algunha forma en facer posible que a "Lavanqueira" hoxe este no mar e queremos animar a tódalas asociacións a que formen parte do "Desafío a Tope" igual que nós.

martes, 5 de mayo de 2009

viernes, 1 de mayo de 2009

Preparando para a botadura


Logo de 4 anos de que comenzara este proxecto, e duro esforzo na procura de financiamento, por fin imos proceder a botadura. Só quedan os últimos detalles como pintar o leme e darlle patente.

O "Desafío a Tope" é un proxecto que nace no seo da FGCMF co fin de recuperar unha das embarcacións máis significativas das Rías Baixas e da Costa Galega, “A Dorna de Tope”. A denominación “Desafío” corresponde có proxecto de dinamización socio-cultural e recuperación da “Dorna de Tope” e ten como referencia o esforzo das tripulacións de antano por chegar a porto con vantaxe para vender as capturas ao mellor prezo.

O proxecto consiste na elaboración de planos constructivos e proxecto de construcción dunha dorna de tope que se corresponde coa tipoloxía de “dorna de tope” tradicional e que sirva de modelo para a reconstrucción de réplicas idénticas que competirán no DESAFÏO A TOPE, un proxecto de difusión socio cultural e deportivo da FGCMF que convocará anualmente as tripulacións de cada porto para amosar as embarcacións recuperadas, exhibir as técnicas de navegación e recrear a competición das tripulacións das dornas de tope por chegar á porto.

OBXECTIVOS
- Recuperación da dorna de tope como tipoloxía de embarcación tradicional galega de acordo a un modelo tipo.
- Dinamización da dorna de tope como embarcación con potencial de navegación, barco escola, e actividades complementarias de estudio e divulgación etnográfica
- Participar nun proxecto innovador na difusión deportiva de embarcacións tradicionais como estratexia de defensa e difusión do patrimonio a e cultura marítima.
- Fomentar a colaboración entre entidades sociais, culturais, empresas e administración en proxectos de dinamización da cultura e o patrimonio marítimo.
- Dar carga de traballo aos mestres da carpintería de Ribeira para evitar a súa desaparición.

CRONOLOXÍA-TEMPORALIZACIÓN DO PROXECTO

O proxecto de construcción da Dorna de Tope vaise realizar en distintas fases debido o seu alto custe, polo de pronto xa hai 2construídas (a “Peza de Rabo” da asociación Dorna de A Illa de Arousa) e a "Lavanqueira". En breve se levarán a cabo máis construccións, xa que son varias as asociacións galegas que participan nel.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS


Construcción: a tope
Eslora: 7,27 m
Manga: 2,46 m
Puntal: 1,28 m
Calado casco: 0,44 m
Desplazamento: 1.440 Kg
Lastre: 200 Kg
Tipo vela: relinga
Superficie vélica: 28 m2
Madeira: pino país e carballo

A botadura vai ser o Sábado día 9 de Maio as 5 da tarde nos Asteleiros de Manuel Mougán, que están na praia de Riasón na Illa de Arousa a que por suposto estades todos invitados. Ide facendo un oco na vosa axenda.
Esperámosvos.