viernes, 22 de enero de 2010

Un Temporal sen avisar






A noite do Xoves 14 de Xaneiro non dormimos por culpa do temporal de vento "do alto" como aquí chamamos ao vento do NW. Foi un temporal que nadie predixo e colleunos a todos por sorpresa. A eso da 2 da mañan fun ata o muelle do Xufre a comprobar como estaban os barcos e o panorama que atopei era desolador. Sen luz, e polo camiño tellas e muros das casas tiradas, àrbores tirados,parecía que pasara un tifón, e chegando o muelle estaba cheo de xente mirando como a forza do vento facia estragos sen poder facer nada. O resultado 5 barcos de batea na praia por romperlle as "barbas" do morto e outros tantos pendentes de un fío. Na praia que está no muelle donde tiñamos a "Sobrada" fondeada a "derrepa" o vento e o mar arrastrouna a ela e a todo o que había na praia empotrándoas contra o paseo maritimo quedando todas unhas encima das outras.
Aqui tedes unhas fotos de como quedou.


A "Marilena" tamén tivo averías pero non foron tan graves.



Pero aínda puido ser peor pois a esta solo lle quedou parte da proa.
Agora toca evaluar danos e repar o que se poida.