lunes, 4 de marzo de 2024

A DEPUTACIÓN VOLVE ARRIMAR O HOMBRO CARA ÁS EMBARCACIÓS TRADICIONAIS

 A Deputación de Pontevedra volveu impulsar a recuperación do patrimonio marítimo e fluvial a través de unha nova convocatoria de axudas destinadas a posta en valor do patrimonio marítimo e fluvial da provincia de Pontevedra a traves do servicio de Patrimonio documental e bibliográfico. 

A nosa asociación foi adxudicataria de unha axuda para diversos traballos na nosa embarcación "Lavanqueira"

Este tipo de subvencións son moi importantes para que non se perda éste importante patrimonio marítimo que temos e poder seguir desfrutando del e amosalo á toda a cidadanía.

Cabe destacar que estas embarcaciós precisan de unha labor constante de mantemento que gracias ó traballo desinteresado de todos os colectivos e de moitas persoas que forman parte deles poden conservarse.