Entradas

Traballos de mellora en dorna de Tope Lavanqueira

Imagen
  Un ano máis a Deputación de Pontevedra volve apoiar a recuperación e posta en valor do patrimonio marítimo con unha dotación de 90.000 € a repartir entre tódolos colectivos que apostan pola recuperación deste rico patrimonio. Queremos agradecer enormemente este apoio que é fundamental para seguir revitalizando éste patrimonio e que non se perda e se manteña vivo para as futuras xeracións.  A nósa asociación concedéuselle unha axuda para diversos traballos de mellora na embarcación Lavanqueira.

MELLORAS NA LAVANQUEIRA

Imagen
 Outro ano máis a Deputación de Pontevedra sacou adiante as liñas de axudas para a recuperación e posta en valor do patrimonio marítimo-fluvial da provincia de Pontevedra, e a nosa asociación concedéuselle unha axuda para diversos traballos entre eles o decapado do casco, tratamento con imprimación epoxy e acabado final con pintura epoxy, aceite de teca e lasur. Despois de moito meditar e falar con profesionais carpinteiros decidimos aplicar pintura epoxy para preservar mellor a madeira. O cambio de estética é evidente pero fixémolo para preservar e protexer mellor a madeira. Temos que agradecer enormemente o apoio da Deputación de Pontevedra por axudar a preservar éste rico patrimonio que temos. 

A DEPUTACIÓN VOLVE ARRIMAR O HOMBRO CARA ÁS EMBARCACIÓS TRADICIONAIS

Imagen
 A Deputación de Pontevedra volveu impulsar a recuperación do patrimonio marítimo e fluvial a través de unha nova convocatoria de axudas destinadas a posta en valor do patrimonio marítimo e fluvial da provincia de Pontevedra a traves do servicio de Patrimonio documental e bibliográfico.  A nosa asociación foi adxudicataria de unha axuda para diversos traballos na nosa embarcación "Lavanqueira" Este tipo de subvencións son moi importantes para que non se perda éste importante patrimonio marítimo que temos e poder seguir desfrutando del e amosalo á toda a cidadanía. Cabe destacar que estas embarcaciós precisan de unha labor constante de mantemento que gracias ó traballo desinteresado de todos os colectivos e de moitas persoas que forman parte deles poden conservarse.

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA VOLVE APOIAR A RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO MARÍTIMO

Imagen
  A deputación de Pontevedra volve un ano máis a apoiar a recuperación do patrimonio marítimo e fluvial da provincia de Pontevedra a través das líneas de subvencións destinadas a recuperar este importante patrimonio. A nosa asociación concedéuselle unha axuda para diversos traballos na nosa embarcación "Lavanqueira". Damos as gracias por éste importante e necesario apoio para seguir mantendo vivo este patrimonio para que as futuras xeracións poidan seguir desfrutando dél.

Novo rescate da Deputación de Pontevedra ás Embarcacións Tradicionais

Imagen
      Un ano máis a Deputación de Pontevedra segue coa súa importante e necesaria labor de axuda á recuperación do Patrimonio Marítimo Galego, concedendo subvencións a varios colectivos adicados a conservación, promoción e difusión da cultura mariñeira.      Á  asociación Fasquía concedeuselle unha axuda de 10.067,20 €   para diversos traballos na embarcación "Lavanqueira" emblema da  asociación.      Dende a nosa asociación damos as gracias a Deputación de Pontevedra por esta axuda e esperamos que en vindeiros anos siga ésta linea de apoio, imprescindible para  que éstas embarcacións non se perdan e as sigamos vendo navegar nos nosos mares para uso e disfrute de toda a sociedade.
Imagen
Coñecin a Luis xa fai algúns anos naquela expedición que fixemos a Doarnenez ala polo ano 2004. Eramos veciños na tenda de campaña. Eu ainda era moi novo no mundo das embarcaciós tradicionais, apaixonoume esa maneira de entender a vida. Boa viaxe compañeiro, espero que algún día nos vexamos por outros lares e me amoses a amar esta paixón tanto como ti a amas.

A "Jalerna" Vencedora do VI Trofeo Fasquía

Imagen
A "Jalerna" de Ricardo e Carterola foi a vencedora da VI edición do tTrofeo Fasquía. A tarde estivo expléndida para regatear con un vento constante do NE de uns 12 nós de intendidade. A saida deuse as 16:30 da tarde na punta do campelo cara a boia de desmarque que estaba na punta do peirao do xufre, saindo a un largo-empopada que provocou que chegaran as dornas moi xuntas. A primeira en pasar foi a Jalerna, seguida moi preto pola Fuxe da familia Parada do Grobe, que pronto se poría na primeira posición. Despois de pasar o Faro do Xeixo un erro da Fuxe poría a Jalerna en primeira posición que xa non perdeu prácticamente en toda a proba. A Clasificación xeral quedou como segue: 1º JALERNA 2º NÉCORA 3º FUXE 4º CARIÑOSA 5º BAZARRA 6º CARACOLA 7º RONA 8º XARANDEIRA 9º ARDENTÍA 10º MIMELA 11º FAVORITA 12º PETELA 13º FORZA R 14º BETTY BOO 15º CAMELIA 16º ZENAIDA 17º XAIMIÑA 18º ROSALÍA 19º Mª DOLORES 20º PELIJATA 21º TIXOSA 22º ESTELA 23º HABANA 24º ROXIÑA 25º PAPOULA 26º MONTAÑESA ...

VI TROFEO FASQUÍA

Imagen
Hoxe Venrres tivo luger no salón de plenos do Concello de A Illa a presentación do VI trofeo Fasquía de Dornas a vela. No acto estivo presente o Alcalde Da Illa Xosé Manuel Vázquez, Uxio Allo en representación da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial e o Presidente de Fasquía que non me lembro do nome..... Tamén estiveron presentes todos os medios de comunicación, Voz de Galicia, Faro de Vigo, Diario de Arousa e Telesalnés. Tamén pudemos ver o Spot que fixemos para a ocasión que está sendo emitido en Telesalnés. Actualización: A Noticia da presentación nos medios. http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2010/05/29/0003_8514511.htm?idioma=galego http://www.diariodearousa.com

1ª Fase Lista

Imagen
Rematamos de ponerlle as catro táboas que estaban estragadas e agora procedemos a darlle a volta, porque toca poñerlle a quilla (quedou partida en dous) , as táboas da quilla, e a táboa do plan de popa do costado de babor, porque tiña un rizón clabado.

Máis do mismo

Imagen
Seguimos ponéndo táboas e facendo madeiros novos. Esta vez tocoulle a táboa de "virar" de proa.

Seguimos co chollo

Imagen
Despois de quitar as táboas que estaban estragadas agora empezamos a poñer as novas. Como vedes os "soleiros" da cadeira tamén hai que poñelos novos, e tamén todos os madeiros do costado de estribor. Presentamos no sitio a táboa de "virar " de popa.

Reconstruíndo a Sobrada

Imagen
Pois ben, pasado o temporal,(aínda que parece que non saímos del) hai que empezar o chollo ( que vaia chollo), según algúns esta dorna non vale a pena reparala, pero bueno, que nos se diga, sempre é mellor recuperar que facer de novo (polo menos ten máis mérito). Comenzamos quitando as tablas que estaban estragadas para facer outras por elas. E non é doado porque oubo que reconstruílas tomando plantillas polas táboas do costado de babor. Aqui tedes a Sobrada sen o costado de estribor enteiro. Bueno, de momento é o que hai, que bastante é, a medida que vaia facendo xa vos darei conta

Un Temporal sen avisar

Imagen
A noite do Xoves 14 de Xaneiro non dormimos por culpa do temporal de vento "do alto" como aquí chamamos ao vento do NW. Foi un temporal que nadie predixo e colleunos a todos por sorpresa. A eso da 2 da mañan fun ata o muelle do Xufre a comprobar como estaban os barcos e o panorama que atopei era desolador. Sen luz, e polo camiño tellas e muros das casas tiradas, àrbores tirados,parecía que pasara un tifón, e chegando o muelle estaba cheo de xente mirando como a forza do vento facia estragos sen poder facer nada. O resultado 5 barcos de batea na praia por romperlle as "barbas" do morto e outros tantos pendentes de un fío. Na praia que está no muelle donde tiñamos a "Sobrada" fondeada a "derrepa" o vento e o mar arrastrouna a ela e a todo o que había na praia empotrándoas contra o paseo maritimo quedando todas unhas encima das outras. Aqui tedes unhas fotos de como quedou. A "Marilena" tamén tivo averías pero non foron tan graves. Pero ...

II Regata de Clásicos de San Vicente

Imagen
O Domingo día 23 de Agosto celebrouse en San Vicente a II Regata de Clásicos, e aínda coa resaca e tensión da Regata do Ba, partimos o Domingo as 9 : 00 da mañá eu e máis Odilo na Lavanqueira. Como non había vento tivemos que ir a motor. A regata participaron en total 19 Barcos, dos cales nós eramos dos máis pequenos. O vento foi bastante intenso, non para os barcos grandes que eles seguro que agradeceron este vento, senón para nós que con solo 2 tripulantes tivemos que roubarlle tripulación o Novo Sofía, o sea que veu Xaquin con nós. O Zorba e o Mizar en plena disputa. Aquí temos a dorna Sara que estaba de estreno, quedou realmente moi fermosa. O Novo Sofía primeiro na categoría de construídos antes do 1950

SINGLADURA AROUSA - MUROS

Imagen
Onte Sábado partimos da praia da Canteira na Illa de Arousa dirección a Muros para asistir os IX Encontros de Embarcaciós tradicionais de Galicia. Por diante quedaban arredor de 28 Millas náuticas e as previsións de vento pola mañá non eran moi boas pero había que sair con tempo polo que poidera pasar. Era as 7: 30 cando desmarramos do morto e botamos a vela arriba pero como vedes na imaxe o mar estaba como un plato asi que decidimos meter o motor foraborda. Xusto saía o sol por riba de Lobeira e nos seguimos a motor ,¡ parece que quere vir un ventiño! decíamos, pero era rizados que despois quedaban en nada. Xa levamos cerca de unha hora a motor e encontrámonos no medio da Ría con Rúa de fondo. Para pasar o tempo collemos a carta e ímonos situando tomando demoras a varios faros e así saber a posición e velocidade. Resultado que navegamos arredor de 5 nudos. Pasamos o carreiro de Sagres e seguimos sen vento, pero vemos que fai bastante mar de fondo. Non vemos nin a Meca nin as dornas d...