Logo de 4 anos de que comenzara este proxecto, e duro esforzo na procura de financiamento, por fin imos proceder a botadura. Só quedan os últimos detalles como pintar o leme e darlle patente. O " Desafío a Tope" é un proxecto que nace no seo da FGCMF co fin de recuperar unha das embarcacións máis significativas das Rías Baixas e da Costa Galega, “A Dorna de Tope”. A denominación “Desafío” corresponde có proxecto de dinamización socio-cultural e recuperación da “Dorna de Tope” e ten como referencia o esforzo das tripulacións de antano por chegar a porto con vantaxe para vender as capturas ao mellor prezo. O proxecto consiste na elaboración de planos constructivos e proxecto de construcción dunha dorna de tope que se corresponde coa tipoloxía de “dorna de tope” tradicional e que sirva de modelo para a reconstrucción de réplicas idénticas que competirán no DESAFÏO A TOPE, un proxecto de difusión socio cultural e deportivo da FGCMF que convocará anualmente as tripulacións de ca...
Un ano máis a Deputación de Pontevedra volve apoiar a recuperación e posta en valor do patrimonio marítimo con unha dotación de 90.000 € a repartir entre tódolos colectivos que apostan pola recuperación deste rico patrimonio. Queremos agradecer enormemente este apoio que é fundamental para seguir revitalizando éste patrimonio e que non se perda e se manteña vivo para as futuras xeracións. A nósa asociación concedéuselle unha axuda para diversos traballos de mellora na embarcación Lavanqueira.
Comentarios