martes, 22 de marzo de 2022

Novo rescate da Deputación de Pontevedra ás Embarcacións Tradicionais

     Un ano máis a Deputación de Pontevedra segue coa súa importante e necesaria labor de axuda á recuperación do Patrimonio Marítimo Galego, concedendo subvencións a varios colectivos adicados a conservación, promoción e difusión da cultura mariñeira.

    Á  asociación Fasquía concedeuselle unha axuda de 10.067,20 €  para diversos traballos na embarcación "Lavanqueira" emblema da  asociación.



    Dende a nosa asociación damos as gracias a Deputación de Pontevedra por esta axuda e esperamos que en vindeiros anos siga ésta linea de apoio, imprescindible para  que éstas embarcacións non se perdan e as sigamos vendo navegar nos nosos mares para uso e disfrute de toda a sociedade.