Entradas populares de este blog
MELLORAS NA LAVANQUEIRA
Outro ano máis a Deputación de Pontevedra sacou adiante as liñas de axudas para a recuperación e posta en valor do patrimonio marítimo-fluvial da provincia de Pontevedra, e a nosa asociación concedéuselle unha axuda para diversos traballos entre eles o decapado do casco, tratamento con imprimación epoxy e acabado final con pintura epoxy, aceite de teca e lasur. Despois de moito meditar e falar con profesionais carpinteiros decidimos aplicar pintura epoxy para preservar mellor a madeira. O cambio de estética é evidente pero fixémolo para preservar e protexer mellor a madeira. Temos que agradecer enormemente o apoio da Deputación de Pontevedra por axudar a preservar éste rico patrimonio que temos.
Preparando para a botadura
Logo de 4 anos de que comenzara este proxecto, e duro esforzo na procura de financiamento, por fin imos proceder a botadura. Só quedan os últimos detalles como pintar o leme e darlle patente. O " Desafío a Tope" é un proxecto que nace no seo da FGCMF co fin de recuperar unha das embarcacións máis significativas das Rías Baixas e da Costa Galega, “A Dorna de Tope”. A denominación “Desafío” corresponde có proxecto de dinamización socio-cultural e recuperación da “Dorna de Tope” e ten como referencia o esforzo das tripulacións de antano por chegar a porto con vantaxe para vender as capturas ao mellor prezo. O proxecto consiste na elaboración de planos constructivos e proxecto de construcción dunha dorna de tope que se corresponde coa tipoloxía de “dorna de tope” tradicional e que sirva de modelo para a reconstrucción de réplicas idénticas que competirán no DESAFÏO A TOPE, un proxecto de difusión socio cultural e deportivo da FGCMF que convocará anualmente as tripulacións de ca...
Comentarios
Ala, moitos ánimos
xaquin