domingo, 6 de junio de 2010

A "Jalerna" Vencedora do VI Trofeo Fasquía





















A "Jalerna" de Ricardo e Carterola foi a vencedora da VI edición do tTrofeo Fasquía. A tarde estivo expléndida para regatear con un vento constante do NE de uns 12 nós de intendidade.






A saida deuse as 16:30 da tarde na punta do campelo cara a boia de desmarque que estaba na punta do peirao do xufre, saindo a un largo-empopada que provocou que chegaran as dornas moi xuntas. A primeira en pasar foi a Jalerna, seguida moi preto pola Fuxe da familia Parada do Grobe, que pronto se poría na primeira posición. Despois de pasar o Faro do Xeixo un erro da Fuxe poría a Jalerna en primeira posición que xa non perdeu prácticamente en toda a proba.






A Clasificación xeral quedou como segue:



1º JALERNA
2º NÉCORA
3º FUXE
4º CARIÑOSA
5º BAZARRA
6º CARACOLA
7º RONA
8º XARANDEIRA
9º ARDENTÍA
10º MIMELA
11º FAVORITA
12º PETELA
13º FORZA R
14º BETTY BOO
15º CAMELIA
16º ZENAIDA
17º XAIMIÑA
18º ROSALÍA
19º Mª DOLORES
20º PELIJATA
21º TIXOSA
22º ESTELA
23º HABANA
24º ROXIÑA
25º PAPOULA
26º MONTAÑESA
27º Sª MARÍA
28º 2ª DORITA
29º MOURA
30º MARISTELA
31º FREIXANA
32º BANDALLA
DESC. JAIVOTA

DESC. NEREA
DESC. PINTORA
DESC. NOELIA







viernes, 28 de mayo de 2010

VI TROFEO FASQUÍA
















Hoxe Venrres tivo luger no salón de plenos do Concello de A Illa a presentación do VI trofeo Fasquía de Dornas a vela. No acto estivo presente o Alcalde Da Illa Xosé Manuel Vázquez, Uxio Allo en representación da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial e o Presidente de Fasquía que non me lembro do nome..... Tamén estiveron presentes todos os medios de comunicación, Voz de Galicia, Faro de Vigo, Diario de Arousa e Telesalnés. Tamén pudemos ver o Spot que fixemos para a ocasión que está sendo emitido en Telesalnés.





Actualización: A Noticia da presentación nos medios.

http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2010/05/29/0003_8514511.htm?idioma=galego
http://www.diariodearousa.com

sábado, 10 de abril de 2010

1ª Fase Lista

Rematamos de ponerlle as catro táboas que estaban estragadas e agora procedemos a darlle a volta, porque toca poñerlle a quilla (quedou partida en dous) , as táboas da quilla, e a táboa do plan de popa do costado de babor, porque tiña un rizón clabado.














sábado, 20 de marzo de 2010

Máis do mismo



Seguimos ponéndo táboas e facendo madeiros novos. Esta vez tocoulle a táboa de "virar" de proa.





sábado, 13 de marzo de 2010

Seguimos co chollo

Despois de quitar as táboas que estaban estragadas agora empezamos a poñer as novas. Como vedes os "soleiros" da cadeira tamén hai que poñelos novos, e tamén todos os madeiros do costado de estribor.

Presentamos no sitio a táboa de "virar " de popa.






miércoles, 24 de febrero de 2010

Reconstruíndo a Sobrada

Pois ben, pasado o temporal,(aínda que parece que non saímos del) hai que empezar o chollo ( que vaia chollo), según algúns esta dorna non vale a pena reparala, pero bueno, que nos se diga, sempre é mellor recuperar que facer de novo (polo menos ten máis mérito).



Comenzamos quitando as tablas que estaban estragadas para facer outras por elas. E non é doado porque oubo que reconstruílas tomando plantillas polas táboas do costado de babor.


Aqui tedes a Sobrada sen o costado de estribor enteiro.

Bueno, de momento é o que hai, que bastante é, a medida que vaia facendo xa vos darei conta


viernes, 22 de enero de 2010

Un Temporal sen avisar






A noite do Xoves 14 de Xaneiro non dormimos por culpa do temporal de vento "do alto" como aquí chamamos ao vento do NW. Foi un temporal que nadie predixo e colleunos a todos por sorpresa. A eso da 2 da mañan fun ata o muelle do Xufre a comprobar como estaban os barcos e o panorama que atopei era desolador. Sen luz, e polo camiño tellas e muros das casas tiradas, àrbores tirados,parecía que pasara un tifón, e chegando o muelle estaba cheo de xente mirando como a forza do vento facia estragos sen poder facer nada. O resultado 5 barcos de batea na praia por romperlle as "barbas" do morto e outros tantos pendentes de un fío. Na praia que está no muelle donde tiñamos a "Sobrada" fondeada a "derrepa" o vento e o mar arrastrouna a ela e a todo o que había na praia empotrándoas contra o paseo maritimo quedando todas unhas encima das outras.
Aqui tedes unhas fotos de como quedou.


A "Marilena" tamén tivo averías pero non foron tan graves.



Pero aínda puido ser peor pois a esta solo lle quedou parte da proa.
Agora toca evaluar danos e repar o que se poida.