MELLORAS NA LAVANQUEIRA
Outro ano máis a Deputación de Pontevedra sacou adiante as liñas de axudas para a recuperación e posta en valor do patrimonio marítimo-fluvial da provincia de Pontevedra, e a nosa asociación concedéuselle unha axuda para diversos traballos entre eles o decapado do casco, tratamento con imprimación epoxy e acabado final con pintura epoxy, aceite de teca e lasur. Despois de moito meditar e falar con profesionais carpinteiros decidimos aplicar pintura epoxy para preservar mellor a madeira. O cambio de estética é evidente pero fixémolo para preservar e protexer mellor a madeira.
Temos que agradecer enormemente o apoio da Deputación de Pontevedra por axudar a preservar éste rico patrimonio que temos.