miércoles, 28 de mayo de 2008

PRESENTACIÓN DO IV TROFEO FASQUÍA



Hoxe levamos a cabo a presentación do IV TROFEO FASQUIA DE DORNAS A VELA.
O acto levouse a cabo no concello de A Illa de Arousa, a él asistirón entre outros, a concelleira de medio ambiente e asuntos sociais, Mª Dolores Folgar Vila, a conselleira de muller, traballo e xuventude, Fátima Rivas, o secretario da Federación galega pola cultura marítima e fluvial, Uxio Allo García e o presidente de Fasquía, Santiago Mougán.

A presentación iniciouse cun video da edición do ano pasado cunhas imaxes moi impactantes de dornas navegando, o que entusiamou a tódolos presentes.
Esperamos que mañá saia en tódolos xornais e en TV Salnés, como apoio as regatas de dornas e a navegación tradicional.


un saúdo e xa sabedes que o 7 de xuño as 4 da tarde tedes unha cita na Illa no IV Trofeo Fasquía, esperámosvos!!

A "Lavanqueira" avanza


Aqui vemos a madeira de carballo recén serrada para a quilla, roda e contraroda.
Neste outro plano vemos xa feita a quilla e roda.
Aqui temos como esta a día de hoxe, xa posta no sitio a quilla, roda, codaste e estampa de popa.

Vemos como Juan Servando e Manolo colocan a primeira caderna no sitio.

domingo, 25 de mayo de 2008

MODIFICACIÓN DA REGATA DE PORTONOVO


A Regata de Portonovo que ía ser o día 31 de Maio, o final vaise celebrar o día 21 de Xuño.
Ídevos preparando, que só faltal 15 días para empezar a tempada, co IV Trofeo Fasquía.

domingo, 11 de mayo de 2008

Datas das regatas


Como recordatorio para todos, poño as datas das regatas de este vran.



  • 31 de Maio. Regata de Portonovo.

  • 7 de Xuño. IV Trofeo Fasquía. (Trofeo Galicia)

  • 14 de Xuño. IV Regata Area Seba. O Grobe.

  • 19 de Xullo. Regata da Dorna. Riveira.

  • 28 de Xuño. XXIV Volta a Arousa. A Illa de Arousa.

  • 26 de Xullo. Regata dos Faros. O grobe (Trofeo Galicia)

  • 2 de Agosto. XX Regata do Bao. A Illa de Arousa. (Trofeo Galicia)

  • 9 de Agosto. IX Regata do Albariño. Cambados. (Trofeo Galicia)

  • 23 de Agosto. II Regata Calmoseira. Cambados.

  • 30 de Agosto. Regata de Vilaxoán. Vilaxoán.

  • 6 de Septembro. Regata Lajareu. Riveira.

Bandeira da Asociación


Esta vai ser a bandeira da nosa Asociación, despois da Asamblea de socios celebrada onte.

lunes, 5 de mayo de 2008

Nova dorna para Fasquía

O pasado día 11 de Abril adquirimos unha dorna para a nosa asociación. Esta é a primeira dorna que pertence a nosa asociación, ainda que temos catro dornas máis que ainda que pertencen a asociación son dos propios socios.
Agora mesmo témola arriba cambiandolle a proa que estaba escachada e prepararlle o temón, cana, pau.
Esta dorna vai ser a que levemos a Brest 2008 representando a nosa asociación, que xunto con 24 embarcacións máis representarán a Galiza nesta cita na que Galiza e invitada de honrra.
Despois desta cita estara a disposición de tódolos socios para navegar e participar nos diferentes eventos que hai durante o verán.