jueves, 28 de mayo de 2009

PRESENTACIÓN DO V TROFEO FASQUÍA



















Hoxe tivo lugar no salón de plenos do concello de A Illa de Arousa a presentación do V Trofeo Fasquía. Ao acto estiveron presentes o Alcalde de A Illa D. Xosé Manuel Vázquez, Uxío A llo como representante da F.G.C.M.F. eu como representante de Fasquía e tódolos medios de comunicación locais. Ao comenzo puxemos un Spot que estamos emitindo en Telesalnés con unhas bonitas imaxes, despois presentamos o percorrido que será un triángulo de unhas 4 millas que irá dende o peirao do Xufre ata o Faro do Xeixo para despois enfilar a boia de delimitación das bateas e regresar ó peirao do Xufre, tendo que dar 2 voltas ó triángulo.




Logo desto fixemos un breve resume das actividades que levamos a cabo, así como tamén nos actos que temos previsto participar.




Ao remate tomamos un viño Galego e un pincho.




Xa sabedes que tedes unha cita o día 6 de Xuño no peirao do Xufre da Illa de Arousa as 16:00 H.




Esperámosvos a todos

sábado, 9 de mayo de 2009

Máis sobre a botadura

Aqui vos deixo os videos da botadura, e a cobertura de prensa.

http://www.diariodearousa.com/

http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2009/05/10/0003_7707267.htm?idioma=galego

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009051000_17_325313__Portada-de-Arousa-Fasquia-recupera-Lavanqueira-tipo-embarcacion-casi-desaparecida

Por certo se queredes visitar a nosa paxina web o enderezo e:

http://www.fasquia.org/

Botadura da "Lavanqueira"














Despois de catro anos Fasquía fixo hoxe realidade o seu proxecto: " A Lavanqueira por fin navega na Ría de Arousa". Unha auténtica xoia, e non é porque o digamos nós, é que a realidade é esa, non hai máis que ver as fotografías, unha obra de arte dos nosos carpinteiros de Ribeira da Arousa, rematada polo noso presidente Santy que se esmerou pintandoa.


A botadura foi unha gran festa, como antigamente, comida, bebida e boa música, e un gran número de amigos/as que nos acompañaron nesta celebración. É que a verdade, a "Lavanqueira" estivo moi ben agarimada por tódolos aistentes.



Así dende Fasquía queremos dar as gracias a tódolos que participaron de algunha forma en facer posible que a "Lavanqueira" hoxe este no mar e queremos animar a tódalas asociacións a que formen parte do "Desafío a Tope" igual que nós.

martes, 5 de mayo de 2009

viernes, 1 de mayo de 2009

Preparando para a botadura


Logo de 4 anos de que comenzara este proxecto, e duro esforzo na procura de financiamento, por fin imos proceder a botadura. Só quedan os últimos detalles como pintar o leme e darlle patente.

O "Desafío a Tope" é un proxecto que nace no seo da FGCMF co fin de recuperar unha das embarcacións máis significativas das Rías Baixas e da Costa Galega, “A Dorna de Tope”. A denominación “Desafío” corresponde có proxecto de dinamización socio-cultural e recuperación da “Dorna de Tope” e ten como referencia o esforzo das tripulacións de antano por chegar a porto con vantaxe para vender as capturas ao mellor prezo.

O proxecto consiste na elaboración de planos constructivos e proxecto de construcción dunha dorna de tope que se corresponde coa tipoloxía de “dorna de tope” tradicional e que sirva de modelo para a reconstrucción de réplicas idénticas que competirán no DESAFÏO A TOPE, un proxecto de difusión socio cultural e deportivo da FGCMF que convocará anualmente as tripulacións de cada porto para amosar as embarcacións recuperadas, exhibir as técnicas de navegación e recrear a competición das tripulacións das dornas de tope por chegar á porto.

OBXECTIVOS
- Recuperación da dorna de tope como tipoloxía de embarcación tradicional galega de acordo a un modelo tipo.
- Dinamización da dorna de tope como embarcación con potencial de navegación, barco escola, e actividades complementarias de estudio e divulgación etnográfica
- Participar nun proxecto innovador na difusión deportiva de embarcacións tradicionais como estratexia de defensa e difusión do patrimonio a e cultura marítima.
- Fomentar a colaboración entre entidades sociais, culturais, empresas e administración en proxectos de dinamización da cultura e o patrimonio marítimo.
- Dar carga de traballo aos mestres da carpintería de Ribeira para evitar a súa desaparición.

CRONOLOXÍA-TEMPORALIZACIÓN DO PROXECTO

O proxecto de construcción da Dorna de Tope vaise realizar en distintas fases debido o seu alto custe, polo de pronto xa hai 2construídas (a “Peza de Rabo” da asociación Dorna de A Illa de Arousa) e a "Lavanqueira". En breve se levarán a cabo máis construccións, xa que son varias as asociacións galegas que participan nel.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS


Construcción: a tope
Eslora: 7,27 m
Manga: 2,46 m
Puntal: 1,28 m
Calado casco: 0,44 m
Desplazamento: 1.440 Kg
Lastre: 200 Kg
Tipo vela: relinga
Superficie vélica: 28 m2
Madeira: pino país e carballo

A botadura vai ser o Sábado día 9 de Maio as 5 da tarde nos Asteleiros de Manuel Mougán, que están na praia de Riasón na Illa de Arousa a que por suposto estades todos invitados. Ide facendo un oco na vosa axenda.
Esperámosvos.