Logo de 4 anos de que comenzara este proxecto, e duro esforzo na procura de financiamento, por fin imos proceder a botadura. Só quedan os últimos detalles como pintar o leme e darlle patente.
O "Desafío a Tope" é un proxecto que nace no seo da FGCMF co fin de recuperar unha das embarcacións máis significativas das Rías Baixas e da Costa Galega, “A Dorna de Tope”. A denominación “Desafío” corresponde có proxecto de dinamización socio-cultural e recuperación da “Dorna de Tope” e ten como referencia o esforzo das tripulacións de antano por chegar a porto con vantaxe para vender as capturas ao mellor prezo.
O proxecto consiste na elaboración de planos constructivos e proxecto de construcción dunha dorna de tope que se corresponde coa tipoloxía de “dorna de tope” tradicional e que sirva de modelo para a reconstrucción de réplicas idénticas que competirán no DESAFÏO A TOPE, un proxecto de difusión socio cultural e deportivo da FGCMF que convocará anualmente as tripulacións de cada porto para amosar as embarcacións recuperadas, exhibir as técnicas de navegación e recrear a competición das tripulacións das dornas de tope por chegar á porto.
OBXECTIVOS
- Recuperación da dorna de tope como tipoloxía de embarcación tradicional galega de acordo a un modelo tipo.
- Dinamización da dorna de tope como embarcación con potencial de navegación, barco escola, e actividades complementarias de estudio e divulgación etnográfica
- Participar nun proxecto innovador na difusión deportiva de embarcacións tradicionais como estratexia de defensa e difusión do patrimonio a e cultura marítima.
- Fomentar a colaboración entre entidades sociais, culturais, empresas e administración en proxectos de dinamización da cultura e o patrimonio marítimo.
- Dar carga de traballo aos mestres da carpintería de Ribeira para evitar a súa desaparición.
CRONOLOXÍA-TEMPORALIZACIÓN DO PROXECTO
O proxecto de construcción da Dorna de Tope vaise realizar en distintas fases debido o seu alto custe, polo de pronto xa hai 2construídas (a “Peza de Rabo” da asociación Dorna de A Illa de Arousa) e a "Lavanqueira". En breve se levarán a cabo máis construccións, xa que son varias as asociacións galegas que participan nel.
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS
Construcción: a tope
Eslora: 7,27 m
Manga: 2,46 m
Puntal: 1,28 m
Calado casco: 0,44 m
Desplazamento: 1.440 Kg
Desplazamento: 1.440 Kg
Lastre: 200 Kg
Tipo vela: relinga
Superficie vélica: 28 m2
Madeira: pino país e carballo
A botadura vai ser o Sábado día 9 de Maio as 5 da tarde nos Asteleiros de Manuel Mougán, que están na praia de Riasón na Illa de Arousa a que por suposto estades todos invitados. Ide facendo un oco na vosa axenda.
Esperámosvos.
6 comentarios:
Alghuns para non ser variados terán reunión ese día.
Que saia ben.
Fernando
Moitas gracias Fernando, pero ¿ti non estabas fora da directiva?
Noraboa á Fasquía.
Unha aperta mariñeira.
Tentaremos estar alí con puntualidade inglesa, máis creo que ese día temos outra botadura. Haber como se presenta o tema. De todas maneiras, noraboa!! e moita sorte co novo buque.
Ola Monica e Santi, leín a nova da botadura na prensa. A narración é perfecta. Por suposto nada que ver coa nota de prensa cando se botou a 1ª dorna do Desafío A Tope (para esquecer e aprender). Imaxino que esta vez teredes todo preparado para que non se volten a cometer erros como a vez anterior e ensinar como se teñen que facer estas cousas. Unha puntualización, como imaxino que enviaríades invitacións a FGCMF (onde nace o proxecto como ben lembrades na prensa), a deputación (quen paga o desafío a tope e con que teremos que retomar as cousas), o constructor, alcalde da illa, etc.... e por suposto as asociacións de cultura marítima, como todo isto imaxino que xa o tedes feito, como apunte vos deixo a idea de convidar persoalmente a Pepe Garrido (un dos pais do proxecto e sen dubida sen a súa participación isto non se tivera feito). Ben, noraboa e alí estaremos, porque a min xa non fai falla que me convidedes. Ate sábado
Hola Xaquim:
Moitas gracias polo teu apollo. Nós sempre que fixemos algo, sempre o queremos facer o mellor posible, pero sempre pode haber algún erro. Cando se botou a outra primeira dorna do desafío, desconozco como foi.
Pois ben como ti dis invitamos ao alcalde, federación, asociacións da federación, deputación que contestaron ó momento que non podían vir...
Con respecto ao de invitar a Pepe Garrido é unha cousa que se nos pasaba coplétamente, pero que xa agora mesmo tomamos nota.
Agora tócalle ás outras asociacións seguir co Desafío, porque nós a nosa parte xa a fixemos.
Sería unha pena que o proxecto se quedara auí sen máis, porque nós dende que o conocemos xa nos pareceu unha idea magnífica.
Un saúdo e vémonos o Sábado.
Publicar un comentario