miércoles, 9 de abril de 2008

COMEZAMOS A CORSTRUIR A DORNA DE TOPE


O Luns día 24 de Marzal comezamos a construir a dorna de tope nos asteleiros de Manuel Mougán, situado na praia de Riaxón, na Illa de Arousa.








Aqui vemos a "Juan Servando cortando unha caderna.






Careando a caderna ca aixola e comprobando coa falsa regla.






Marcando a "varenga" coa plantilla. Vemos o fondo outra xa feita.









Xa temos as seis primeiras cadernas, da maestra pa popa, coa primeira man dada de "Xilamón".





Neste plano vemos a Manuel Mougán marcando a estampa de popa. O fondo vemos o fillo facendo a estructura para a ponte de un barco.






Aqui o pau, un mes despois de cortalo. Como podedes ver está no mar, que según os entendidos e para que se poña máis duro e a vez se vaia curando.