domingo, 5 de julio de 2009

SINGLADURA AROUSA - MUROS



Onte Sábado partimos da praia da Canteira na Illa de Arousa dirección a Muros para asistir os IX Encontros de Embarcaciós tradicionais de Galicia. Por diante quedaban arredor de 28 Millas náuticas e as previsións de vento pola mañá non eran moi boas pero había que sair con tempo polo que poidera pasar.

Era as 7: 30 cando desmarramos do morto e botamos a vela arriba pero como vedes na imaxe o mar estaba como un plato asi que decidimos meter o motor foraborda.




Xusto saía o sol por riba de Lobeira e nos seguimos a motor ,¡ parece que quere vir un ventiño! decíamos, pero era rizados que despois quedaban en nada.


Xa levamos cerca de unha hora a motor e encontrámonos no medio da Ría con Rúa de fondo. Para pasar o tempo collemos a carta e ímonos situando tomando demoras a varios faros e así saber a posición e velocidade. Resultado que navegamos arredor de 5 nudos.




Pasamos o carreiro de Sagres e seguimos sen vento, pero vemos que fai bastante mar de fondo. Non vemos nin a Meca nin as dornas de Riveira que saían o mesmo día.


Pasando xa Sagres vemos ao fondo unha dorna que tamén ven a motor. Mirámos cos prismáticos e comprobamos que e unha dorna de Lajareu, a Ardentía. Preguntámoslle polos demais e dinos que veñen detrás deles.

Son arredor das 11: 00 da maná e xa pasamos o Faro de Corrubedo. Seguimos sen vento. A fame xa enpeza a apretar e comemos algo acompañado de un grolo de viño.



A altura das Basoñas parece que por fin entra algo de vento. Levantamos o motor e dámoslle máis para fora pois vese máis vento.



Vemos xa Monte Louro na proa e vamos no mesmo rumbo para facer unha transluchada despois.

Son cerca das 12:30 e vamos con ventiño agradable do W que vai rolando a NW.

Chegamos a Muros sobre as 1:45 e decidimos ir para o muelle e comer algo quente en terra.



Xa atracados ao muelle vemos a unha parella de noivos e Manolo di: ! ainda nos van decir se poden quitar unah foto! E así foi a Lavanqueira recen estreada facendo de estudio fotográfico.


Xa despois de comer levamos a dorna para o plantalán a uha praza provisional, ata que os mariñeiros saquen as súas embarcacións para deixar libre para os encontos.