A noite do Xoves 14 de Xaneiro non dormimos por culpa do temporal de vento "do alto" como aquí chamamos ao vento do NW. Foi un temporal que nadie predixo e colleunos a todos por sorpresa. A eso da 2 da mañan fun ata o muelle do Xufre a comprobar como estaban os barcos e o panorama que atopei era desolador. Sen luz, e polo camiño tellas e muros das casas tiradas, àrbores tirados,parecía que pasara un tifón, e chegando o muelle estaba cheo de xente mirando como a forza do vento facia estragos sen poder facer nada. O resultado 5 barcos de batea na praia por romperlle as "barbas" do morto e outros tantos pendentes de un fío. Na praia que está no muelle donde tiñamos a "Sobrada" fondeada a "derrepa" o vento e o mar arrastrouna a ela e a todo o que había na praia empotrándoas contra o paseo maritimo quedando todas unhas encima das outras.
Aqui tedes unhas fotos de como quedou.
2 comentarios:
A forza implacable da Natureza que por sorte ou desgracia aínda non podemos controlar. Por se sirve de consuelo, eu tamén teño avería no RANA, a ver se esta semana vai para o astillero a poñerse cañón para a tempada que xa se sinte perto.
Ola Xaquim. O da forza da natureza é mellor que nunca a poidemos controlar, se non máis de un igual se quere facer de ouro e nos deixa a todos sen nada.
Pois nada a reparar o RANA que xa queda pouco para a nova cosecha.
De momento nós a Sobrada témola na UCI a ver si sale desta.
Saúdos
Publicar un comentario