
Onte Sábado, como tódolos anos celebrouse a cea de final da tempada organizada por A.C.D. Dorna e a F.G.C.M.F. Nesta cea púxose un video de Brest 2008, que foi a actividade que marcou esta tempada. A cea asistiron navegantes, xentes de mar, xentes de terra, carpinteiros, camioneiros que nos levan os barcos cando nos desprazamos, e tamén asistiron compoñentes do grupo
Treixadura e Leilía que asistiron a Brest con nós.

Nesta cea tamén se entregaron os trofeos do "
IV Trofeo Galicia de Dornas a Vela", e os tres primeiros foron en terceiro posto a
Xarandeira de un servidor, o segundo foi a
Nécora de Braulio e Harri e gañador desta edición foi a
Cariñosa de Checo e Víctor.





Despoi da cea tivemos música e baile da nosa terra como non podia ser menos, tendo en conta a xente alí presente.
Comentarios
A Uxío casi no se le reconoce sin boina, verdad?
Apertas, salitre y brea para todos!!!!
A Uxío sen boina brillalle moito a calva, é mellor que a tape je,je.
Saúdos.