XXIV Volta á Arousa
Onte celebrouse a XXIV edición da volta a Arousa organizada pola A.C.D. Dorna, na que se impuxo a "Cariñosa" con Victor e Checo. Como podedes ver acabaron tan contentos que Victor festexou a victoria lanzándose a auga. A alegría era porque protagonizaron unha espectacular remontada, pois iban segundos case toda a regata con unha ventaxa considerable, pero na última bolina, a Nécora que iba primeira meteuse nun sitio que o vento rolou, ésto foi visto pola Cariñosa que supo cambiar a tempo permitindolle a victoria.
Outra dorna que onte se estrenou foi a "Sobrada", dorna da nosa asociación que quedou na metade da táboa, facendo un brillante papel, que como podedes ver foi festexado como se quedaran primeiros.
A "Xarandeira" quedou no 5º posto.
Comentarios
Apertas marinhas,