Brest 2008
Onte chegamos de Brest e a verdade é que bastante cansos. Foi unha bonita esperiencia sobre todo a convivencia e integración de toda a delegación que fomos. Aqui tendes unha primeira selección de fotos, pero tranquilos que hai moito material e hai que seleccionar. Festa no Hidria cos de Treixadura. Botadura de unha dorna o día de Galicia, coa conselleira de cultura e o alcalde de Brest. Tabla de mar que como é tradición os países convidados regálanlle a organización. A nosa dorna a "Sobrada" en primeiro plano coa flota de fondo Os de Vietnam navegando balanceándose neste barco tipico do seu pais. Un barco dos xaponeses que estaban cerca de nós.