Entradas

COMEZAMOS A CORSTRUIR A DORNA DE TOPE

Imagen
O Luns día 24 de Marzal comezamos a construir a dorna de tope nos asteleiros de Manuel Mougán, situado na praia de Riaxón, na Illa de Arousa. Aqui vemos a "Juan Servando cortando unha caderna. Careando a caderna ca aixola e comprobando coa falsa regla. Marcando a "varenga" coa plantilla. Vemos o fondo outra xa feita. Xa temos as seis primeiras cadernas, da maestra pa popa, coa primeira man dada de "Xilamón". Neste plano vemos a Manuel Mougán marcando a estampa de popa. O fondo vemos o fillo facendo a estructura para a ponte de un barco. Aqui o pau, un mes despois de cortalo. Como podedes ver está no mar, que según os entendidos e para que se poña máis duro e a vez se vaia curando.

Picando pinos no monte

Imagen
O Luns 25 de febreiro comenzou a facerse realidade o noso primeiro proxecto. Fomos a picar o pino para o pau da nosa dorna de tope que se vai chamar "Lavanqueira". A dorna vai ser a segunda que se costrue para o proxecto "Desafío a tope", proxecto que nace no seo da Federación Galega pola cultura marítima e fluvial (FGCMF), co fin de dinamizar estas embarcacións practicamente extinguidas para recuperalas e facer regatas entre os diferentes clubes, como antigamente facian os homes que traballaban nelas e tiñan que chegar antes aos portos para vender primeiro e polo tanto vender mellor. Ali estabamos eu e o mais o noso amigo "Larri", o " frajeiro da escola da A.C.D. Dorna" A verdade é que nos costou bastante traballo, e fixonos sudar bastante, tendo en conta que o cortamos coa machada. O final despois de moito darlle caeu pero como medimos mal quedounos enganchado en outro pino do lado. Tivemos que coller un cabo e largarllo ao medio e tirar por é...