O Luns 25 de febreiro comenzou a facerse realidade o noso primeiro proxecto. Fomos a picar o pino para o pau da nosa dorna de tope que se vai chamar "Lavanqueira".
A dorna vai ser a segunda que se costrue para o proxecto "Desafío a tope", proxecto que nace no seo da Federación Galega pola cultura marítima e fluvial (FGCMF), co fin de dinamizar estas embarcacións practicamente extinguidas para recuperalas e facer regatas entre os diferentes clubes, como antigamente facian os homes que traballaban nelas e tiñan que chegar antes aos portos para vender primeiro e polo tanto vender mellor.
Ali estabamos eu e o mais o noso amigo "Larri", o "frajeiro da escola da A.C.D. Dorna"
A verdade é que nos costou bastante traballo, e fixonos sudar bastante, tendo en conta que o cortamos coa machada.
O final despois de moito darlle caeu pero como medimos mal quedounos enganchado en outro pino do lado. Tivemos que coller un cabo e largarllo ao medio e tirar por él. Gracias que veu Ruben outro compañeiro e nos axudou.
Xa coa noite metida empezamos a quitarlle a caropa pero xa era tarde e tivemos que deixalo para outro día.
O xoves trasladamolo primeiro por terra ata a praia da "Area da secada", que traballiño nos dou, e despois de remolque pos mar ata a praia de Riasón, praia a caron do asteleiro de Manuel Mougán onde se vai costruir a dorna.
Gracias a" Sergio das laxes" o "Fly" o "Ford" o "Nelo" o "Guiller" e como non a "Larri".
No hay comentarios:
Publicar un comentario