CEA DE FINAL DE TEMPADA
Onte Sábado, como tódolos anos celebrouse a cea de final da tempada organizada por A.C.D. Dorna e a F.G.C.M.F. Nesta cea púxose un video de Brest 2008, que foi a actividade que marcou esta tempada. A cea asistiron navegantes, xentes de mar, xentes de terra, carpinteiros, camioneiros que nos levan os barcos cando nos desprazamos, e tamén asistiron compoñentes do grupo Treixadura e Leilía  que asistiron a Brest con nós.  Nesta cea tamén se entregaron os trofeos do " IV Trofeo Galicia de Dornas a Vela", e os tres primeiros foron en terceiro posto a Xarandeira  de un servidor, o segundo foi a Nécora  de Braulio e Harri e gañador desta edición foi a Cariñosa  de Checo e Víctor. Despoi da cea tivemos música e baile da nosa terra como non podia ser menos, tendo en conta a xente alí presente.