Entradas

Mostrando entradas de 2010

A "Jalerna" Vencedora do VI Trofeo Fasquía

Imagen
A "Jalerna" de Ricardo e Carterola foi a vencedora da VI edición do tTrofeo Fasquía. A tarde estivo expléndida para regatear con un vento constante do NE de uns 12 nós de intendidade. A saida deuse as 16:30 da tarde na punta do campelo cara a boia de desmarque que estaba na punta do peirao do xufre, saindo a un largo-empopada que provocou que chegaran as dornas moi xuntas. A primeira en pasar foi a Jalerna, seguida moi preto pola Fuxe da familia Parada do Grobe, que pronto se poría na primeira posición. Despois de pasar o Faro do Xeixo un erro da Fuxe poría a Jalerna en primeira posición que xa non perdeu prácticamente en toda a proba. A Clasificación xeral quedou como segue: 1º JALERNA 2º NÉCORA 3º FUXE 4º CARIÑOSA 5º BAZARRA 6º CARACOLA 7º RONA 8º XARANDEIRA 9º ARDENTÍA 10º MIMELA 11º FAVORITA 12º PETELA 13º FORZA R 14º BETTY BOO 15º CAMELIA 16º ZENAIDA 17º XAIMIÑA 18º ROSALÍA 19º Mª DOLORES 20º PELIJATA 21º TIXOSA 22º ESTELA 23º HABANA 24º ROXIÑA 25º PAPOULA 26º MONTAÑESA ...

VI TROFEO FASQUÍA

Imagen
Hoxe Venrres tivo luger no salón de plenos do Concello de A Illa a presentación do VI trofeo Fasquía de Dornas a vela. No acto estivo presente o Alcalde Da Illa Xosé Manuel Vázquez, Uxio Allo en representación da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial e o Presidente de Fasquía que non me lembro do nome..... Tamén estiveron presentes todos os medios de comunicación, Voz de Galicia, Faro de Vigo, Diario de Arousa e Telesalnés. Tamén pudemos ver o Spot que fixemos para a ocasión que está sendo emitido en Telesalnés. Actualización: A Noticia da presentación nos medios. http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2010/05/29/0003_8514511.htm?idioma=galego http://www.diariodearousa.com

1ª Fase Lista

Imagen
Rematamos de ponerlle as catro táboas que estaban estragadas e agora procedemos a darlle a volta, porque toca poñerlle a quilla (quedou partida en dous) , as táboas da quilla, e a táboa do plan de popa do costado de babor, porque tiña un rizón clabado.

Máis do mismo

Imagen
Seguimos ponéndo táboas e facendo madeiros novos. Esta vez tocoulle a táboa de "virar" de proa.

Seguimos co chollo

Imagen
Despois de quitar as táboas que estaban estragadas agora empezamos a poñer as novas. Como vedes os "soleiros" da cadeira tamén hai que poñelos novos, e tamén todos os madeiros do costado de estribor. Presentamos no sitio a táboa de "virar " de popa.

Reconstruíndo a Sobrada

Imagen
Pois ben, pasado o temporal,(aínda que parece que non saímos del) hai que empezar o chollo ( que vaia chollo), según algúns esta dorna non vale a pena reparala, pero bueno, que nos se diga, sempre é mellor recuperar que facer de novo (polo menos ten máis mérito). Comenzamos quitando as tablas que estaban estragadas para facer outras por elas. E non é doado porque oubo que reconstruílas tomando plantillas polas táboas do costado de babor. Aqui tedes a Sobrada sen o costado de estribor enteiro. Bueno, de momento é o que hai, que bastante é, a medida que vaia facendo xa vos darei conta

Un Temporal sen avisar

Imagen
A noite do Xoves 14 de Xaneiro non dormimos por culpa do temporal de vento "do alto" como aquí chamamos ao vento do NW. Foi un temporal que nadie predixo e colleunos a todos por sorpresa. A eso da 2 da mañan fun ata o muelle do Xufre a comprobar como estaban os barcos e o panorama que atopei era desolador. Sen luz, e polo camiño tellas e muros das casas tiradas, àrbores tirados,parecía que pasara un tifón, e chegando o muelle estaba cheo de xente mirando como a forza do vento facia estragos sen poder facer nada. O resultado 5 barcos de batea na praia por romperlle as "barbas" do morto e outros tantos pendentes de un fío. Na praia que está no muelle donde tiñamos a "Sobrada" fondeada a "derrepa" o vento e o mar arrastrouna a ela e a todo o que había na praia empotrándoas contra o paseo maritimo quedando todas unhas encima das outras. Aqui tedes unhas fotos de como quedou. A "Marilena" tamén tivo averías pero non foron tan graves. Pero ...