Entradas

Mostrando entradas de 2009

II Regata de Clásicos de San Vicente

Imagen
O Domingo día 23 de Agosto celebrouse en San Vicente a II Regata de Clásicos, e aínda coa resaca e tensión da Regata do Ba, partimos o Domingo as 9 : 00 da mañá eu e máis Odilo na Lavanqueira. Como non había vento tivemos que ir a motor. A regata participaron en total 19 Barcos, dos cales nós eramos dos máis pequenos. O vento foi bastante intenso, non para os barcos grandes que eles seguro que agradeceron este vento, senón para nós que con solo 2 tripulantes tivemos que roubarlle tripulación o Novo Sofía, o sea que veu Xaquin con nós. O Zorba e o Mizar en plena disputa. Aquí temos a dorna Sara que estaba de estreno, quedou realmente moi fermosa. O Novo Sofía primeiro na categoría de construídos antes do 1950

SINGLADURA AROUSA - MUROS

Imagen
Onte Sábado partimos da praia da Canteira na Illa de Arousa dirección a Muros para asistir os IX Encontros de Embarcaciós tradicionais de Galicia. Por diante quedaban arredor de 28 Millas náuticas e as previsións de vento pola mañá non eran moi boas pero había que sair con tempo polo que poidera pasar. Era as 7: 30 cando desmarramos do morto e botamos a vela arriba pero como vedes na imaxe o mar estaba como un plato asi que decidimos meter o motor foraborda. Xusto saía o sol por riba de Lobeira e nos seguimos a motor ,¡ parece que quere vir un ventiño! decíamos, pero era rizados que despois quedaban en nada. Xa levamos cerca de unha hora a motor e encontrámonos no medio da Ría con Rúa de fondo. Para pasar o tempo collemos a carta e ímonos situando tomando demoras a varios faros e así saber a posición e velocidade. Resultado que navegamos arredor de 5 nudos. Pasamos o carreiro de Sagres e seguimos sen vento, pero vemos que fai bastante mar de fondo. Non vemos nin a Meca nin as dornas d...

A "Cariñosa" venceu no V Trofeo Fasquía

Imagen
A "Cariñosa" de Checo e Victor proclamouse campeona do "V Trofeo Fasquía",por segundo ano consecutivo, celebrado hoxe na Illa de Arousa. A regata transcurriu con vento do W que dou moito espectáculo. Con saída en un través, para contunuar con un largo hacia o Faro do Xeixo, e logo unha boa bolina dirección a Boia de delimitación dos polígonos de bateas para continuar ao Peirao do Xufre con outro largo. Despois de unha maña de tormentas a tarde quedouse ideal para regatear, sen sol e con bó vento que fixo disfrutar as 34 dornas que participaron. O resto do podio completarono a "Nécora" de Braulio e Harri e terceiro posto foi para a "Jalerna" de Ricardo e Carterola. Actualización: A Clasificación da regata foi a seguinte: Posto Nome dorna 1º Cariñosa 2º Nécora 3º Jalerna 4º Bazarra 5º Mimela 6º Fuxe 7º Caracola 8º Lusiña 9º Xarandeira 10º Forz...

PRESENTACIÓN DO V TROFEO FASQUÍA

Imagen
Hoxe tivo lugar no salón de plenos do concello de A Illa de Arousa a presentación do V Trofeo Fasquía. Ao acto estiveron presentes o Alcalde de A Illa D. Xosé Manuel Vázquez, Uxío A llo como representante da F.G.C.M.F. eu como representante de Fasquía e tódolos medios de comunicación locais. Ao comenzo puxemos un Spot que estamos emitindo en Telesalnés con unhas bonitas imaxes, despois presentamos o percorrido que será un triángulo de unhas 4 millas que irá dende o peirao do Xufre ata o Faro do Xeixo para despois enfilar a boia de delimitación das bateas e regresar ó peirao do Xufre, tendo que dar 2 voltas ó triángulo. Logo desto fixemos un breve resume das actividades que levamos a cabo, así como tamén nos actos que temos previsto participar. Ao remate tomamos un viño Galego e un pincho. Xa sabedes que tedes unha cita o día 6 de Xuño no peirao do Xufre da Illa de Arousa as 16:00 H. Esperámosvos a todos

Máis sobre a botadura

Aqui vos deixo os videos da botadura, e a cobertura de prensa. http://www.diariodearousa.com/ http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2009/05/10/0003_7707267.htm?idioma=galego http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009051000_17_325313__Portada-de-Arousa-Fasquia-recupera-Lavanqueira-tipo-embarcacion-casi-desaparecida Por certo se queredes visitar a nosa paxina web o enderezo e: http://www.fasquia.org/

Botadura da "Lavanqueira"

Imagen
Despois de catro anos Fasquía fixo hoxe realidade o seu proxecto: " A Lavanqueira por fin navega na Ría de Arousa". Unha auténtica xoia, e non é porque o digamos nós, é que a realidade é esa, non hai máis que ver as fotografías, unha obra de arte dos nosos carpinteiros de Ribeira da Arousa, rematada polo noso presidente Santy que se esmerou pintandoa. A botadura foi unha gran festa, como antigamente, comida, bebida e boa música, e un gran número de amigos/as que nos acompañaron nesta celebración. É que a verdade, a "Lavanqueira" estivo moi ben agarimada por tódolos aistentes. Así dende Fasquía queremos dar as gracias a tódolos que participaron de algunha forma en facer posible que a "Lavanqueira" hoxe este no mar e queremos animar a tódalas asociacións a que formen parte do "Desafío a Tope" igual que nós.

Noticia da botadura

Hoxe no Faro de Vigo, na edición Arousa, sale a noticia da botadura da nosa dorna. Aquí vos deixo o enlace; http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009050500_17_323441__Portada-de-Arousa-botadura-Lavanqueira-consolida-tipicas-dornas-tope

Preparando para a botadura

Imagen
Logo de 4 anos de que comenzara este proxecto, e duro esforzo na procura de financiamento, por fin imos proceder a botadura. Só quedan os últimos detalles como pintar o leme e darlle patente. O " Desafío a Tope" é un proxecto que nace no seo da FGCMF co fin de recuperar unha das embarcacións máis significativas das Rías Baixas e da Costa Galega, “A Dorna de Tope”. A denominación “Desafío” corresponde có proxecto de dinamización socio-cultural e recuperación da “Dorna de Tope” e ten como referencia o esforzo das tripulacións de antano por chegar a porto con vantaxe para vender as capturas ao mellor prezo. O proxecto consiste na elaboración de planos constructivos e proxecto de construcción dunha dorna de tope que se corresponde coa tipoloxía de “dorna de tope” tradicional e que sirva de modelo para a reconstrucción de réplicas idénticas que competirán no DESAFÏO A TOPE, un proxecto de difusión socio cultural e deportivo da FGCMF que convocará anualmente as tripulacións de ca...