Entradas

Mostrando entradas de junio, 2008

XXIV Volta á Arousa

Imagen
Onte celebrouse a XXIV edición da volta a Arousa organizada pola A.C.D. Dorna, na que se impuxo a " Cariñosa" con Victor e Checo. Como podedes ver acabaron tan contentos que Victor festexou a victoria lanzándose a auga. A alegría era porque protagonizaron unha espectacular remontada, pois iban segundos case toda a regata con unha ventaxa considerable, pero na última bolina, a Nécora que iba primeira meteuse nun sitio que o vento rolou, ésto foi visto pola Cariñosa que supo cambiar a tempo permitindolle a victoria. Outra dorna que onte se estrenou foi a "Sobrada", dorna da nosa asociación que quedou na metade da táboa, facendo un brillante papel, que como podedes ver foi festexado como se quedaran primeiros. A "Xarandeira" quedou no 5º posto.

Mans a obra de novo

Imagen
Despois de rematar a ponte do barco xa se puxeron máns a obra. Agora toca poñer os baos para distribuír a cuberta. Vemos a Juán Servando marcando no "durmiente" para fara fecer a entalla onde encastre un dos baos de popa. Aquí vemos os dous baos dónde vai o tambuche de proa. Nesta outra instantánea vemos os dous baos da cadeira xa postos, e o da popa da tilla no sitio para marcar. Vemos tamén a liña posta de proa a popa para que todo estea centrado. Vemos tamén a peza para a fogonadura do pau, que debe coller varias cuadernas.

A "Sobrada" lista para ir a Brest

Imagen
Aquí a vemos pintadiña con patrón incluído vixiando que niguén se acerque, non vaia a ser que lle poñan os dedos na pintura que aínda está fresca e queden as marcas. A dorna que compramos para a nosa Asociación que se vai chamar " Sobrada" xa está pintada. O pasado Xoves botamola o mar para que inchara de unhas fendas que tiña. Esta vai ser a embarcación que levemos a Brest 2008 para representar a Galicza xunto con outras 24 embarcacións máis de todo o colectivo que imos a Brest.

Enrramada e amaarrada

Imagen
Nesta imaxe vemos como Manolo está a cortar parte de un bordo para asentalo na estampa de popa. Aquí podemos ver a dorna xa coa cinta posta e nos deixa ver a liña da cuberta. A día de hoxe a dorna témola enrramada e amarrada. Nestes días non se encontran traballando nela, pois están rematando a ponte de un barco

EXPOSICIÓN "GALIZA EN BREST"

Imagen
Aqui vemos preparando os cabos para facer a defensa co noso amigo Lino do Grobe agarrándome os cabos. O Pasado Domingo tivo lugar en pontevedra a exposición itinerante "Galiza en Brest" para promocionar a asistencia a Brest de Galiza como país de honrra. A nosa asociación estivo presente con unha dorna. Tamén estivemos realizando traballos ao redor da dorna como foron os de dar unhas trincas a proa para protexela cando a amarras, unhas trincas o banco do pau para reforzalo e protexelo de que non rompa, unhas trincas a caña para protexela de que non escache e por último fixemos unha defensa de cabo. Nesta imaxe vemos a dorna que levamos e a defensa a medio facer.

Máis sobre a "Lavanqueira"

Imagen
Despois de uns días sen actualizar esto, por motivos da organización do IV Trofeo Fasquía, aqui tedes como están os traballos a día de hoxe. Como podedes ver xa temos case tódalas cuadernas no sitio, a escepción das dúas de popa e as tres de proa, pois éstas é mellor facelas no sitio para que non varie o ángulo do bance. Podedes ver a plantilla para facer as cuadernas de proa e o ángulo chamado "cortamón". Para ésto clávanse uns barrotes para facer a forma do bance e ponse a plantilla como vedes. Despois tómanse os ángulos.

IV TROFEO FASQUÍA

Imagen
A gañadora do IV Trofeo Fasquía de dornas a vela 2008 foi a "Cariñosa", con Checo a caña e Victor a proa. O pasada Sábado día 7 de Xuño celebrouse aqui na Illa o IV Trofeo Fasquía de dornas a vela. As condicións meteorolóxicas reinantes pola mañá, con ventos duros do NE, con rachas de ata 16 nós, casi fixo que tiveramos que suspender a proba. Menos mal que a 1ª hora da tarde baixou bastante quedando con ventos de arredor dos 12-13 nós. A participación foi bastante boa tendo en conta o vento que facía chegando as 26 dornas participantes. A saída fixose dende o Campelo cara a o peirao do Xufre, con unha empopada dode chegaon sobre 10 dornas todas xuntas a boia pobocando un "Empacho" que foi visto pefectamente dende o peirao. (Na foto publicada no Diario de Arousa vese perfectamente). Despois tomouse unha bolina moi xeitosa cara o faro do Xeixo no que se empezaban a desmarcar os favoritos. Xa na primeira volta as posicións quedaban bastante defunidas, pasando a Cariñ...