Entradas

Mostrando entradas de 2008

Nova socia de A.C.D.X. Fasquía

O venrres día 14 de Novembro as 18: 30 incorporouse unha nova socia a nosa asociación. Chámase Xiana Mougán Leiro e ten 3 días de vida.

CEA DE FINAL DE TEMPADA

Imagen
Onte Sábado, como tódolos anos celebrouse a cea de final da tempada organizada por A.C.D. Dorna e a F.G.C.M.F. Nesta cea púxose un video de Brest 2008, que foi a actividade que marcou esta tempada. A cea asistiron navegantes, xentes de mar, xentes de terra, carpinteiros, camioneiros que nos levan os barcos cando nos desprazamos, e tamén asistiron compoñentes do grupo Treixadura e Leilía que asistiron a Brest con nós. Nesta cea tamén se entregaron os trofeos do " IV Trofeo Galicia de Dornas a Vela", e os tres primeiros foron en terceiro posto a Xarandeira de un servidor, o segundo foi a Nécora de Braulio e Harri e gañador desta edición foi a Cariñosa de Checo e Víctor. Despoi da cea tivemos música e baile da nosa terra como non podia ser menos, tendo en conta a xente alí presente.

Xuntanza blogueira

Imagen
Foto sacada de GALICIA O NOSO LECER Onte Sábado celebrouse en San Vicente unha xuntanza blogueira de blogs de temática mariñeira. A min olvidouseme a cámara na casa pero gracias a o blog GALICIA O NOSO LECER da que collin prestada esta instantánea da chegada de Morling. A verdade é que eu estiven asombrado da sabiduría que ten este home, e de como se emociona o falar das embarcacións tradicionais galegas. Eu podería estar horas escoitándoo sen cansarme. Logo de facer un percorrido polas embarcacións expostas, da que Morlins se extendía e nos contaba cando él chegou a Galicia en Outubro do 1963 e nos explicaba apaixoado cada detalle que os informantes contábanlle naquel tempo de cada unha das embarcacións, fomos xantar a eso das 4 da tarde. Despois tivemos unha mesa redonda na que cada un preguntaba a Morling o que pensaba de temas de cultura mariñeira. A verdade é que foi un día moi agradable na compaña de outros bloguers que esperemos que se repita pronto. Un saúdo a todos os que e...

Xuntanza blogueira

Imagen
O vindeiro Sábado día 4 de Outubro vai ter lugar unha xuntanza blogueira en San vicente. Estades todos convidados. Máis información en http://unamiradaalariadevigo.blogspot.com/

Pintando a Lavanqueira

Imagen
Nestes días estamos pintando a Lavanqueira. O color final é o que podedes ver. ¿que vos parece? Falta unha franxa branca na trancanil , o patente que será color branco e por dentro será color teca.

Rematamos a construcción

Imagen
Xa rematamos a contrucción da nosa dorna, agora tocalle ós detalles e pintala. Vemos tamén o pau xa listo coa fogonadura. Vemos a Juán Servando estopeando os topes dos bordos. Aqui temos a Jorge cepillando as táboas por fóra para que quede o máis lisa posible. Neste plano vemos un costado xa con unha man do color que vai levar.

Empezando o banceado

Imagen
Despois de rematar a cuberta agora tócalle o turno a última fase, o banceado. Aqui temos a Jorge asentando un bordo. Manolo tallándolle un peixe na proa Vemos que o acabado final no ten desprecio. Nesta imaxe podemos ver a Juan Servando repasando o alefriz para que encaixe perfectamente a táboa da quilla. Aquí vemos fasquiando un bordo, como vedes clávase unha taboa fina chamada "fasquía" e tomanse as medidas e os " cortamóns " (ángulos en cada parte da táboa) da próxima táboa. Vemos o pau secando dentro do asteleiro coa dorna ao fondo.

Rematamos de todo a cuberta

Imagen
Poden vera cuberta encintada, preparada para darlle o sellante. Aqui vemos a fogonadura, coas tallas que fixo Manolo. Hoxe, despois de cinco meses no mar, subimos o pau para o taller para que remate de secar. Vemos aqui a Jorge, preparando para poñerlle a tapa regala.

XX Regata do Bao

Imagen
Hoxe Sábado tivo lugar a XX edición da regata do Bao. A tarde estivo estupenda para navegar con un vento alegre do Oeste. A idea de variar o percorrido foi xenial, pois sacámonos da monotonía dos triángulos, porque así tivemos 3 bolinas estupendas para ter tempo para todo. A ver si nas vindeiras regatas nos aplicamos o conto e copiamos co exemplo. Os gañadores foron Dorado e Chica coa "Pereca", segundos a" Cariñosa" con Víctor e Checo e terceiros fomos nós a "Xarandeira" que mantivemos un gran "desafío" coa "Cariñosa", que o final nun último cambio nos gañaron a partida. Cuartos foron os da "Fuxe" coa familia Parada do Grobe e quintos a "Nécora". Aquí vos deixo unhas instantáneas da tarde tan agradable. A "Pereca" con Dorado e Chica gañadores desta edición, xa os botábamos de menos. A "Bicoca" cos nosos amigos Telmo e Pelouro de Portonovo, con un pequeno percance. Xa vedes por momentos o vento era...

A "Lavanqueira" xa ten a cuberta lista

Imagen
Despois de vir de Brest fumos a visitar o asteleiro e os traballos están como podedes ver. Xa ten a cuberta lista e agora toca poñerlle os barraganetes para rematar a obra morta.

Máis sobre Brest

Imagen
Treixadura en plena actuación. A marea azul comendo nos barcos o día de Galicia. A "Sobrada" navegando entre dous barcos. Embarcacións Galegas o día do desfile. Aqui temos unha imaxe sentadiños, ceando na cea de benvida que nos fixeron ao chegar o Xoves. Unha vista do noso Vilage cediño pola mañá vista dende a costa baixando ó porto. Aquí os de Treixadura acompañándono as tripulacións tocando o pantalán. Os Croatas bogando.