SINGLADURA AROUSA - MUROS
Onte Sábado partimos da praia da Canteira na Illa de Arousa dirección a Muros para asistir os IX Encontros de Embarcaciós tradicionais de Galicia. Por diante quedaban arredor de 28 Millas náuticas e as previsións de vento pola mañá non eran moi boas pero había que sair con tempo polo que poidera pasar. Era as 7: 30 cando desmarramos do morto e botamos a vela arriba pero como vedes na imaxe o mar estaba como un plato asi que decidimos meter o motor foraborda. Xusto saía o sol por riba de Lobeira e nos seguimos a motor ,¡ parece que quere vir un ventiño! decíamos, pero era rizados que despois quedaban en nada. Xa levamos cerca de unha hora a motor e encontrámonos no medio da Ría con Rúa de fondo. Para pasar o tempo collemos a carta e ímonos situando tomando demoras a varios faros e así saber a posición e velocidade. Resultado que navegamos arredor de 5 nudos. Pasamos o carreiro de Sagres e seguimos sen vento, pero vemos que fai bastante mar de fondo. Non vemos nin a Meca nin as dornas d...