Picando pinos no monte
O Luns 25 de febreiro comenzou a facerse realidade o noso primeiro proxecto. Fomos a picar o pino para o pau da nosa dorna de tope que se vai chamar "Lavanqueira". A dorna vai ser a segunda que se costrue para o proxecto "Desafío a tope", proxecto que nace no seo da Federación Galega pola cultura marítima e fluvial (FGCMF), co fin de dinamizar estas embarcacións practicamente extinguidas para recuperalas e facer regatas entre os diferentes clubes, como antigamente facian os homes que traballaban nelas e tiñan que chegar antes aos portos para vender primeiro e polo tanto vender mellor. Ali estabamos eu e o mais o noso amigo "Larri", o " frajeiro da escola da A.C.D. Dorna" A verdade é que nos costou bastante traballo, e fixonos sudar bastante, tendo en conta que o cortamos coa machada. O final despois de moito darlle caeu pero como medimos mal quedounos enganchado en outro pino do lado. Tivemos que coller un cabo e largarllo ao medio e tirar por é...